RODA DE PRENSA PECHE HOSPITAL DE TOEN
martes, 1 de febreiro de 2011
1. En relación o anunciado peche do Hospital de Toén; a Comisión de Centro do CHOU, quere fazer a seguinte consideración: Dende fai moitos anos vimos denunciando o deterioro progresivo deste hospital, reclamando que se poñan medidas que eviten o que agora se nos quere impoñer que é o peche deste hospital, no cual traballan aproximadamente unhos 120 traballadores, que atenden a unha media de 60 doentes, aunque como tamén xa foi denunciado por esta comisión de centro , serian unhos 20 mais se contásemos con estos, que foron desviados a clínicas privadas para a sua atención
2. Comprendemos as queixas que fan neste momento os compañeiros psiquiatras, que sen duda buscan o mellor para os seus doentes, o mesmo que nos defendemos, mais para todo-los doentes, sexan do tipo que sexan, para que estejan nas melhores condicions posibles e gozen da mellor calidade asistencial.Decimos todos-los doentes, sen fazer diferencias po-lo tipo de patoloxias que padecen e que non poda primar ningunha por encima de outras.
3. A Comisión de Centro do CHOU, quere amosar o seu agradecemento a todo-los traballadores deste Hospital, que levan anos realizando as suas tarefas nunhas condicións deplorables e sen embargo están ahí, para contribuir cada un deles a o maior benestar posible destos doentes que ingresan neste hospital.
4. Denunciamos asimismo a difícil e costosa adaptación do Hospital de Piñor para cumplir as normas e condicións de seguridade que precisa un hospital de saude mental, sen esquezer a necesidade de que conte con salas de laborterapia e rehabilitación destes doentes, en caso de que se acorde o traslado a este hospital.
5. Denunciamos a falta de planificación da Conselleria de Sanidade e desta Xerencia, referente a mellora e acondicionamento dos centros hospitalarios que integran o complexo ourensán, asimesmo, queremos poñer en conocimento da opinión púbrica o feito de que Ourense será a única provincia galega que non disporá dun hospital totalmente novo, cuando en outras provincias ainda sen necesítalo van a fazer un hospital en tempo récord, aunque o sistema de financiación que van a empregar non nos guste nada. E esta a discriminación positiva que nos van a dar os cidadáns de Ourense?
6. Tampouco nos parece que a solución que vai adoptar a Xerencia , de desplazar os doentes de Toén ao hospital de Piñor sexa a mais adecuada, xa que pensamos que os doentes que hoxe están en Piñor , gozan dunhos cuidados excelentes, e dunha elevada calidade asistencial, tanto eles como os seus familiares. Esta situación seria o que algunos dos meus compañeiros chaman “ Desvestir un santo para vestir outro”
7. Porqué non a construcción dun novo edificio? Ou o arranxo en serio dalgun pabellón dos que forman parte do hospital de Toén hoxe en dia? Tal como viña recollido e se preveía no antigo e extinguido plan Director do CHOU. Porqué tanta presa? Acaso hai intereses ocultos que non saibamos con o peche deste hospital? Non seria mais convinte chegar a un acordó consensuado cos traballadores?
8. Tamén botamos en falta un incremento no número de camas de agudos, que consideramos necesario, tal como viña reflexado no plan de saúde mental, debido o incremento de patoloxias relacionadas coa saúde mental e que cada vez sofren mais persoas de idade xoven, algo do que se esqueceron tanto a Xerencia como os facultativos desta area.
9. En relación o peche de M.Interna no Hospital de Piñor, de seguir adiante o proxecto presentado polo xefe de servicio de M.Interna, consistente no peche progresivo de 71 camas, quedando so unha planta, que se convertiría en colchon para época invernal, en donde se produce saturación de urxencias, e un aumento considerable de ingresos hospitalarios, aunque como xa recoñeceron os psiquiatras o que se pretende e que se convirta todo en hospital psiquiátrico, aunque en un principio tenhan que convivir doentes de M.Interna e saúde Mental, feito que nos parece grave e que incluso foi recoñecido por algún membro destacado do partido popular.
10,-O Peche destas camas de Piñor suporá unha disminución efectiva de camas no complexo, tal como recoñece polo baixo a propia dirección , de unhas 40 camas aproximadamente, esto en unha provincia, cuja poboación está mais que envellecida e hai un gran número de ancianos que viven solos, e en outros moitos casos o seu coidador principal e outra persoa de idade avanzada, e que tamén precisaría de coidados. Levarianos esto a ter pacientes ingresados en pasillos, como en épocas pasadas,esto non iria contra a dignidade dos doentes?
Non e acaso tan indigno como outros casos comentados, que teñan que compartir un aseo 6 persoas, incluso de distinto sexo como ocurre e estas sucedendo neste mesmo instante?
Non vai contra a dignidade dos doentes, que teñan que estar nos pasillos de urxencias facendo as suas necesidades , incluso a vista de todo o mundo que pasa por ali?
Non vai contra a dignidade dos doentes, que un doente non poida ter unha morte digna e tranquila , acompañado de seus familiares en unha habitación sola sen que outros doentes conscientes e orientados teñan que sofrir esta situación?
11.- Costou muito a adaptación do Hospital de Piñor para estos doentes maiores , con movilidade superreducida e con pluripatoloxias, que moitas veces están acompañados de un coidador de idade avanzada tamén. Dónde colocaremos a estos doentes e seus familiares?
O desmantelamento do Hospital comezou fai 4 anos, cuando se pechou a terceira planta de Piñor e se trasladou a Unidade de Paliativos para o Hospital Santa M Nai, e que está sendo causa de múltiples queixas por parte de facultativos, enfermeiras e resto de traballadores, cuando ésta era unha unidade modélica na sua especialidade. Cuando se produzan picos asistenciais por mor de patoloxias desta época, donde ubicaremos os doentes, se non disponemos de mais hocos?
12.- Mentras non apartemos a Sanidade Púbrica da loita política, e nos botemos en cara todas as miserias que a salpican dia a dia, a nosa sanidade, e digo nosa porque todos debemos contribuir i exixirlle o goberno galego que manteña e incremente cuanto sexa posible os presupostos para que esta sexa cada dia mellor, xa que por desgracia todos faremos uso dela, ben nos ou os nosos familiares e todos queremos que estejan nas mellores condicións posibles e que disfruten da maior calidade asistencial posible.
13.- Asismesmo exisimos a Xerencia do CHOU, no caso de que siga adiante con estas propostas, que teña unha negociación seria e consensuada con todos para negociar as condicións laborais dos traballadores que integran ambos hospitais, e que non só se tenhan criterios economicistas, e que non primen intereses dun colectivo sobre outros.
14.- Chamamos a toda a ciudadanía comprometida coa Sanidade Púbrica, a secundar cuantas accións adopte a Comisión de Centro do CHOU, para evitar o peche do Hospital e de camas hospitalarias. En defensa da sanidade que merecemos os cidadáns de Ourense tanto ou mais que os de outras provincias.
Moitas grazas.
COMISION DE CENTRO DO CHOU
No hay comentarios:
Publicar un comentario