martes, 1 de febrero de 2011

TOÉN





Os socialistas dicen que a “reconversión” do Hospital de Piñor o alonxa de ser un hospital xeral

Para a deputada Carmen Acuña o traslado dos internos no Psiquiátrico de Toén ao de Piñor suporá o peche deste último como hospital xeral. Polo que lle recordou este venres a Baltar Pumar e a Enrique Novoa que, segundo o que eles mesmos dixeron, deberían dimitir. Sinalou a socialista que as obras feitas durante o verán servirán para moi pouco, xa que agora será preciso acomeeter outras en función das necesidades deste tipo de pacientes


O secretario provincial de Sanidade, Alberto Fidalgo, e a deputada María del Carmen Acuña denunciaron este venres “o sistemático deterio da sanidade pública de Ourense”, concretado neste caso na redución de camas que supón o peche do hospital de Toén, e os “recortes permanentes que se traducen na masificación que volve unha vez máis ao CHOU”, sinalaron os socialistas.
A deputada María del Carmen Acuña afirmou que a aposta pola mellora da atención á saúde mental recollida no Plan de Saúde Mental 2006-2011 elaborado pola Consellería de Sanidade do Goberno de Touriño contemplou a construción dun novo hospital psiquiátrico para ingresos de larga estancia nos terreos disponibles no recinto hospitalario de Piñor, o que suporía unha nova dotación hospitalaria na nosa área cos seus correspondentes medios, recursos e camas.
Segundo Acuña, o anuncio do SERGAS de reconversión do hospital de Piñor en hospital psiquiátrico suporá perda de camas e a presumible masificación engadida nos centros hospitalarios do Santa María Nai e a Residencia.
Salientou a deputada autonómica que “mentres os socialistas incrementamos as dotacións sanitarias de Ourense, centros de saúde, ampliación do CHOU, remodelación de plantas, novos quirófanos, unidade de hemodinámica, máis persoal, máis médicos, máis servizos, etc., o Goberno de Feijóo e da Sra. Farjas someten aos cidadáns ourensáns a continuos recortes”.
Calificou de “despilfarro” as obras realizadas durante este verán en Piñor, “porque agora haberá que facer obras de novo debida ás características específicas dos enfermos de Toén”, sinalou.
“Nin é austero nin é rendible pechar un hospital público”, dixo Acuña, quen preguntou ademais “que pensa facer a Xunta con Toén”, e “que pensan facer cos pacientes que precisarán ingresos e que como hoxe mesmo ocorre non teñan camas. Os van derivar á privada?”, se preguntou.
As dimisións de Baltar e Novoa
Tamén preguntou cando van dimitir Baltar e Enrique Nóvoa, que recordou que no seu día dixeron que o farían se non se reabría o hospital de Piñor, xa que “esta reconversión de Piñor en hospital psiquiátrico significa o peche de Piñor como hospital xeral”, asegurou a socialista.
Acuña explicou que “esta nova ocurrencia vai ter ademais a súa implicación laboral, e non sabemos como se van reconvertir postos de traballo, competencias profesionais, etc”.
Pola sú aparte, Fidalgo explicou que “neste momento hai no CHOU 30 persoas ingresadas fóra de habitacións”, situación que non considera “digna”, especialmente porque o pico de gripe era previsible e terían que haberse adoptado as medidas oportunas para evitalo.
O deputado sinalou ademais que esta situación súmase ao recorte de dereitos que sufren os cidadáns galegos con respecto ao resto dos cidadáns españois polo medicamentazo decretado pola Xunta de Galicia “que aforra a costa dos pacientes” e provoca “un auténtico caos”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario