martes, 8 de febrero de 2011

TOÉN: POSICIÓN DO PSdeG PSOE


O PSdeG APOIARÁ AOS TRABALLADORES DOS HOSPITAIS DE TOÉN E PIÑOR NAS MOBILIZACIÓNS CONTRA  AO PECHE DE TOÉN

María Quintas advirte que “o traslado dos enfermos de Toén a Piñor significa o peche do hospital de Piñor, e polo tanto o deterioro da calidade asistencial da sanidade pública ourensá”

Ademais da presentación dunha moción na Deputación, e da xa presentada no Concello de Toén, os socialistas de Barbadás presentarán unha moción para manter o servizo de Medicina Interna no hospital de Piñor, de especial relevancia nunha provincia tan envellecida como é Ourense

Ourense, 7 de febreiro de 2011.-  O Partido Socialista de Ourense apoiará aos traballadores dos hospitais de Toén nas mobilizacións contra o peche do psiquiátrico de Toén.

A secretaria de Organización provincial, María Quintas, a responsable de sanidade socialista no Parlamento de Galicia, María del Carmen Acuña, e os portavoces e concelleiros socialistas en Toén e Barbadás, Julio Álvarez e Xosé Carlos Valcárcel, mantiveron esta tarde unha reunión con representantes da Xunta de Persoal e da Comisión Intercentros dos hospitais de Toén e Piñor.

Trala xuntanza, os socialistas se comprometeron a presentar iniciativas no Parlamento de Galicia, na Deputación provincial, e unha moción no Concello de Barbadás que se suma á xa presentada en Toén, para o mantemento do servizo de de Medicina Interna no hospital de Piñor.

En Toén, o portavoz socialista, Julio Álvarez, pedirá que se convoque o antes posible a reunión da Comisión de Seguimento proposta polos socialistas na moción presentada o pasado mes de xaneiro, que formada por representantes dos tres Grupos Políticos da corporación municipal ten como obxecto o control das accións da Xunta que afecten ao psiquiátrico.

Os socialistas consideran que o PP quere pechar Toén, fai un peche encuberto de Piñor, e colapsa o Chou en deterioro da sanidade de todos os cidadáns da provincia de Ourense.

A secretaria de Organización provincial, María Quintas, advirte que “o traslado dos enfermos de Toén a Piñor significa o peche do hospital de Piñor, e polo tanto o deterioro da calidade asistencial da sanidade pública ourensá”.

Representantes dos traballadores lembran que non se pode aislar os problemas de Toén do colapso do Complexo Hospitalario ourensá, onde cada  día ás tres da tarde hai unha media de 15 enfermos sen asignar.

A dirixente socialista sinala ademais que “o tema dos terreos de Toén non é menor, e pregunta que interese do Partido Popular hai detrás das presas por desaloxar Toén o máis rápido posible”.

“Unha vez máis temos que lamentar a estratexia do PP, abandonar totalmente o centro hospitalario de Toén para trasladar aos pacientes a outros centros, neste caso Piñor, desta forma colapsar e deteriorar a sanidade pública para que a única solución ao final sexa recurrir á sanidade privada”, afirma.

Os socialistas participarán activamente nas accións de mobilización contra o peche do hospital de Toén que leven a cabo os sindicatos destes centros hospitalarios.


Un saúdo, Gabinete de Comunicación do PSdeG-PSOE

No hay comentarios:

Publicar un comentario