XORNAL DE GALICIA
En Galicia tres psiquiátricos sobreviven á norma que os pechou
Os colectivos de pacientes quéixanse do escaso número de Unidades de Saúde Mental e da falta de recursos que teñen
A Lei Xeral de Sanidade, aprobada hai hoxe 25 anos, tiña como obxectivo universalizar os servizos sanitarios en España. De feito, incorporou ao sistema a máis de sete millóns de usuarios. Tamén quería borrar o estigma que rodeaba os enfermos mentais e foi o primeiro paso para acabar cos hospitais psiquiátricos como único recurso de atención a estes doentes, o que popularmente se coñecía aínda como manicomios. Aínda así, en España seguen hoxe en funcionamento tres centros deste tipo, todos en Galicia, e dous penitenciarios, en Sevilla e Alacante, segundo recorda a Confederación Española de Agrupacións Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (Feafes).
Os hospitais de Conxo (Santiago de Compostela), Castro Riberas de Lea (Lugo) e Toén (Ourense) seguiron operativos todos estes anos, aínda que incorporando protocolos máis modernos de asistencia sanitaria e humanizando a atención aos internos. Porén, os centros de Lugo e Ourense están a piques de deixar de estar operativos. Os doentes serán trasladados.
PENDENTES DO SERGAS
O Sergas xa anunciou o peche do Hospital de Toén, que xa tiña algunhas das súas instalacións abandonadas, para trasladar os enfermos ao de Piñor, onde se empregarían dúas plantas de Medicina Interna, –adicadas ata o de agora a enfermos crónicos– para acoller aos psiquiátricos. En Lugo, o antigo hospital da Deputación para enfermos mentais está pendente de pechar e do uso que a Xunta dea ao inmoble. O Sergas pediu, logo do traspaso do centro en decembro de 2010, un período de adaptación para trasladar os equipos e adecuar as instalacións do Hospital de Calde para acoller a estes doentes. Deste modo, tamén o Hospital de Castro Riberas de Lea acabará pechando as súas portas, a pesar da promesa electoral do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de que mantería este centro.
A cobertura da atención mental é aínda hoxe unha das materias pendentes da norma que regulou durante máis de dúas décadas o funcionamento da sanidade pública en España. En Galicia, estas competencias están transferidas e é unha denuncia constante dos sindicatos da sanidade á paralización do Plan de Saúde Mental que deixar ao bipartito. Para as asociacións de enfermos, a grande eiva é que o peche dos psiquiátricos e o escaso impulso das unidades de atención especializada converteu aos familiares en “coidadores informais”.
O presidente de Feafes, José María Sánchez, lamentou nunha entrevista a Europa Press, a “falta de recursos” e “o número insuficiente” de Unidades de Saúde Mental que existen en España para atender a máis dun millóns de españois que padecen trastornos mentais. Tamén explicou que, pese aos logros da reforma psiquiátrica, os recurso seguen sendo insuficientes, xa que segundo a Estratexia de Saúde Mental do ministerio, cada unidade de atención debería estar composta por unhas “catorce ou quince” persoas e “isto non se cumpre na maioría de centros”.

No hay comentarios:
Publicar un comentario