LA VOZ DE GALICIA
Jueves 07 de abril del 2011 Actualizado 9:41H
Escándalo en Santiago El alcalde expedienta, envía a casa y deja sin sueldo a la jefa de la UMAD
Fecha de publicación:
7/4/2011
…/…
Aunque de momento solo provisionalmente, a Bermejo la han levantado de una silla sobre la que llevaba casi 22 años placenteramente sentada, desde el 30 de octubre de 1989.
…/…
Este párrafo está incluido nunha información de La Voz de Galicia da data arriba reflexada. Dende o comenzo deste tema nese periódico, dende a pasada semana, vense destilando nese periódico un tono periodístico agresivo, personalmente hostil, e abundante en medios postos (páxinas e días) ó servizo desta historia. Todo necesita a sua explicación. Pilar Bermejo deberá explicar unha conducta, pero a Voz de Galicia non debe pasar sin explicar tanta intensidade na sua implicación nesta noticia.
Na serie The wire recomendábase algo que eu non vou seguir: “nunca te metas con quen compra a tinta por barriles”. O medo si se colle e se somete un a él só pode crecer e ó final só somos sombras. Estamos ante unha conducta periodística inxustificable e básicamente antidemocrática: por desmesurada e por dirixirse xa non contra actos sinon contra persoas.
Convivimos con temor con poderosos varios, confundimos con frecuencia o tamaño das cousas, calamos demasiado por si acaso, indignámonos como bos cidadáns por casi todo,…, e de todo tan confuso como está corremos o risco de confundir persoas con actos e acabar en meras turbas de benpensantes (eso sí, de apariencia pacífica).
E envio esto sin pensalo moito porque non hai moitas voltas que darlle. A prudencia non é o medo.
Cada cousa no seu sitio.
Miguel Anxo García Alvarez
Falar dunha conducta que debe ser estudada por se é irregular é algo propio do discurso informativo (e valorativo) do periodismo. Falar de "22 anos placenteramente sentada" é unha falsedade (dende o punto de vista da realidade) e unha indignidade (dende o punto de vista da moral). Non ten nada nin de información nin de valoración periodística.
ResponderEliminarE, por suposto,se aceptamos que os indicios non son algo únicamente xudicial senón que existen indicios psicolóxicos que refiren as motivacións das persoas (ou os periodistas)pois a fraseciña algo nos debe indicar. Digo eu.