viernes, 11 de marzo de 2011

MANIFESTO DA PLATAFORMA POLA DEFENSA E MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE SOBRE OS HOSPITAIS DE TOÉN, PIÑOR E CHOU

En Ourense levamos demasiado tempo oindo falar de proxectos para a Reforma e Ampliación das Infraestructuras do CHOU. Nos úlltiimos 2 anos nada se ten feiito e seguimos sen datas para aqueles apartados máis urxentes. Entre eles a construcción dun Novo Edificio para a hospitalización e Rehabilitación Psiquiátrica, ou para a remodelación das habitacións obsoletas do vello edificio Cristal (antigua Residencia) que obrigan a compartir baño en moitas ocasións a 6 persoas, a Cociña do Complexo leva e tempo en condicións de precariedade, a unificación do Área Ambulatoria, etc,etc, son tamén importantes.
As decisións tomadas pola Xerencia do CHOU e avaladas pola Consellería de Sanidade amosan con claridade que non exiiste niingunh a iintenciión de dotar a nosa provincia dos equipamentos que necesiita. Unha vez máis sufrimos novas marxinacións nas inversións públicas. Decisións que ralentizan e poñen freo a un Plan Director que dote ao CHOU dos necesarios,urxentese novos equipamentos. En Vigo e Pontevedra aceleranse os trámites para os Novos Hospitais . O Presidente da Xunta, anuncia na Coruña a ampliación do seu Hospital en máis de 23.000 metros cadrados para o inverno do 2012.
Namentras, os Directivos Sanitarios de Ourense ¿qué ofrecen a súa cidadanía? Parches e chapuzas. Cambiar
as cousas de sitio sen renovar nada. Manter estructuras obsoletas e complicar ainda máis o existente. Esta é a razón do traslado de Toén a Piñor e de Piñor a un conxunto de cativos e dispersos chiringuitos entre o edificio do Cristal e do Nai. De onde non hai non se pode sacar. Todo para non prantar cara en Santiago e esixir para a Ourense o que necesita e de xustiza nos corresponde. Non pedimos tratos de favor, nen privilexios pero queremos iguais condicións que o resto de Galicia.. O CHOU necesita, entre outras cousas, dunha nova estructura para os pacientes de saúde mental. Non sirve de nada cambiar o problema de sitio, hai que resolvelo e darlle unha solución a longo prazo.
O CHOU non pode prescindir de ningunha cama hospitalaria. Cada día. e non só no inverno, son moitos os pacientes que non teñen cama para ingresar e son ubicados en espazos provisionais en condicións de alta precariedade durante 24-48 horas. O Plan de Renovación e Ampliación do CHOU contemplaba un incremento das camas dispoñibles, unhas 50 máis que as actuais. Os traslados de Toén e de Piñor van incidir negativamente na disminución do número de camas e vai provocar maiores atascos para o ingreso urxente dos pacientes e posiblemente virá acompañada dunha maior desorde, pois obrigará a colocar a moitos dos doentes fora dos seus respectivos servizos, creando graves problemas asistenciais tanto aos profesionais como as familias.
Nada se ten dito, por outra banda, dos custes que terán as reformas arquitectónicas nos Edificios pensados para outra función. Albergamos moitas dúbidas de que unhas obras feitas coa calidade obrigada e cumprindo cos requerimentos normativos teñan menores custes que a construcción dun Novo Edificio. Tampouco se sabe se se axustarán ao Plan Funcional, redactado e aprobado no 2008 para a hospitalización de Rehabilitación Psiquiátrica. Parece difícil que sexa deste xeito nun Edificio como Piñor pensado e construido para outro tipo de pacientes e de asistencia. Exemplo: ver as súas amplias balconadas.
Tamén descoñecemos os proxectos, se os hai, para a utiliización sociosanitaria dos terreos de Toén, se o actual Hospital Psiquiátrico os abandona. As grandes necesidades que ten unha provincia tan evellecida e dispersa, fan intolerable que a cidadania de Ourense permita a perda deste equipamento.
Por todo elo, a Plataforma para la Defensa e Mellora da Sanidade Pública de Ourense (PDEMSPOU) esixe
as autoridades sanitarias a continuación dos Plans de Reforma e Amplliiaciión do CHOU, comenzando polos
aspectos máisi urxentes como é a construcción dun Novo Edificio de Rehabilitación Psiquiátrica. Dentro desta esixencia ten que incluirse o compromiso concreto con datas e prazos, xa está ben de propaganda hai que pasar os feitos.
Namentras este compromiso coa cidadanía desta provincia no sexa fiirme os traslados propostos deben ser rexeitados e considerados como una medida que está a acochar a decisión política da Xunta e da Consellería de Sanidade de excluir e perxudicar a Ourense nos seus proxectos de inversión en infraestructuras sanitarias.
A PDEMSPOU solicita da cidadanía ourensán e das institucións de ámbito local e provincial a súa adhesión explícita a esta esixencia, co fin de facerlla chegar polos cauces necesarios a Xunta e a Conselleria de Sanidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario