Celebrouse onte o Verbas adicado á saúde mental na crise coa participación de Xosé Ramón Girón (presidente de FEAFES Galiza), María José Pérez Vázquez (Psicóloga clínica da UAD de Monforte) e Ramón Area (Psiquiatra).
Girón trazou unha descripción sobre o papel das asociacións na reinserción social e as dificultades económicas que atravesaron e seguen a atravesar. Pérez Vázquez trasladou á audiencia as enormes dificultades e aínda maiores incertidumes que se cernen sobre a rede de atención á drogodependencia, en particular, unha posible privatización do servizo. E Area falou das relacións críticas entre o saber psiquiátrico e o discurso do poder, dominado nestes momentos pola crise, a resignación e o silencio. Na quenda de intervencións Victor Pedreira fixo unha defensa da laboura en prol do sistema público no eido da saúde mental. Asemade, realizou críticas ás intervencións de Ramón Area (pola súa visión dos plans e o poder), Girón (polas cifras que presentou) e, finalmente, sinalou a certeira intervención de María José. David Simón incidíu que nestes intres o futuro se está a xogar na definición que faga o goberno da Xunta do chamado espazo socionanitario, esto é, a elección de modelo que se faga, posto que podería ir na dirección de Andalucía, por exemplo, ou pola contra, decantarse polas empresas de tercer sector.
Con posterioridade celebrouse a asamblea de socios. Fóra dos asuntos de rigor (aprobación de actas e demais) os temas de máis interese foron a programación de actividades do próximo ano.
As XX Xornadas de Trasalba (si, levamos xa vinte edicións!!!) adicaránse á Comunidade e nelas interverán, entre outros, Federico Menéndez, Xavier Simón, Xosé Luis Axeitos, Antón Seoane e Rubén Touriño. As datas, o sete de maio, pola mañanciña, no Pazo Museo Otero Pedraio. Haberá o chocolate no descanso e logo un xantar no Pazo de San Damián, coma o ano pasado.
As Conversacións A Outra Psiquiatría levarán por título "Ciencia e loucura", o 4 de Xuño, en Vigo.
O Congreso da AGSM celebrarase en Ourense co título de "Saber e técnica", do 30 de Setembro ao 1 de Outubro, na Sala de Congresos da Deputación. En breve podremos achegarvos un preprograma que será, sen dúbida algunha estando coma están os compañeiros de Ourense detrás, do máis interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario