lunes, 20 de diciembre de 2010

TEATRO NA SALA NASA

Grupo de Teatro Hospital de Conxo As Raíñas Magas Pasaron Polo Hospital / O Saxofonista da Rúa Vella

Mércores 23 de decembro ás 18,30 h.
3 € | Tripulación de balde
Teatro
As Raíñas Magas Pasaron Polo Hospital / O Saxofonista da Rúa VellaAs Raíñas Magas Pasaron polo Hospital
De Lucas Herrador. Intérpretes: Samantha Romero; Manuel Guerra; ManuelVarela; José María Varela; Pilar Sánchez; María Castro; Víctor Murujosa; Pablo Sampedro; Isaura Blanco; Carmen Barreiro; Almudena González; Susana Amor; Joaquín López. Música orixinal: Víctor Murujosa. Produción: la Caixa – Hospital Psiquiátrico de Conxo; Axudantes de dirección: Susana Mirás; María Jesús Seoane; Teresa Santos (Terapeutas ocupacionais). Dramaturxia e dirección: Lucas Herrador.
Esta obra foi estreada o Nadal pasado. O equipo que a creou quixo repetila porque fala do Nadal, dos hospitais, da esperanza e da ilusión, pero tamén polas cancións compostas por Víctor Murujosa e interpretadas por el mesmo e por José María, María e Pilar.
Todo o conxunto é algo atractivo que da os seus froitos para integración no contorno social. Dío un dos personaxes ao final da obra: “Hai que baleirar as camas dos hospitais”. O difícil destas actividades é o seu comezo e a súa consolidación. Este grupo de teatro ten xa un treito percorrido e non se sabe cal pode ser o seu teito.
O saxofonista de Rúa Vella
De Lucas Herrador. Intérpretes por orde de intervención: Carmen Barreiro; María Castro; José María Varela; Manuel Guerra; Pablo Sampedro; Samantha Romero; Joaquín López; Susana Amor; Almudena González; Isaura Blanco; Manuel Varela; Pilar Sánchez. Produción: La Caixa – Hospital Psiquiátrico de Conxo. Axudantes de dirección: Susana Mirás; María Jesús Seoane; Teresa Santos (terapeutas ocupacionais). Dramaturxia e dirección: Lucas Herrador.
Que queremos contar con esta obra? Onde están os personaxes? Quen é este saxofonista que tan ben toca? Por que eses nomes tan estraños?
Con este espectáculo, o Grupo de Teatro de Conxo decidiu dar un salto ao baleiro, presentar algo posiblemente non esperado. É unha obra de Nadal? Por suposto! O calendario sitúa estas datas ao final do ano; é inevitable que pensemos no ocorrido meses atrás e que nos proxectemos aos días que temos que transitar. Queremos seguir como estamos? Non será o momento de platearnos un cambio, deixar atrás o que nos encadea, arriscarnos?
Preguntas e máis preguntas. O teatro, a arte en xeral, está continuamente preguntándose cousas. O autor pensa que non é o seu obxectivo contestar, iso pertence ao ámbito exclusivo da persona, do ser humano. Tanto se é espectador, como interprete.


Máis información en:
http://redenasa.tv/programa/actividade/as-rainas-magas-pasaron-polo-hospital-o-saxofonista-da-rua-vella/

No hay comentarios:

Publicar un comentario