Este domingo, no suplemento d´El País pódese atopar unha reportaxe extensa sobre Belén Esteban. Resulta de interese a análise feita por Gerard Imbert, profesor de Dereito Audiovisual na Universidade Carlos III, non tanto polo que explicita a nivel social senón polo implícito nas dinámicas grupais.
Sinala que "...a Esteban fascina ao espectador porque se permite falar do que quere e como quere, sen límites, sen regras. Bota todo fóra como unha vomitona, cun discurso excesivo baseado na descalificación do outro. E o fai cun estilo machista. Esa vella idea española de ter collóns... Trátase dun personaxe ambivalente que ten rasgos moi femininos (a nai coraxe) e tamén moi masculinos (o uso da forza)... É unha nai capaz de matar pola súa filla e, neste dicurso descolocado, a violencia se convirte en lexítima...".
Na opinión de Imbert nesta xustificación da violencia e nesta falta de límites, neste "a corazón aberto" radica o éxito do personaxe. Ademáis, ocupa un espazo a medio camiño entre a ficción e a realidade, entre o periodismo e a telenovela. Penso que neste espazo o desexo tanto da Esteban coma do espectador tende a confabular (unha verba empregada tradicionalmente para aqueles elementos cognitivos dos seres humanos, alomenos ata onde eu sei). Estes dous puntos, a ambivalencia e o desexo confabulatorio que xurde dun espazo intermedio, penso que axudan a pensaren un fenómeno televisivo non coma feito social senón como explicatorio dalgunhas dinámicas grupais.
Supoño que algúns ata terán a tentanción de lle poñer nome ou de crear un síndrome. A fin de contas, supoño que moitos nos atopamos algunha vez cunha Belén Esteban polo mundo adiante. O malo non é poñerlle nome. O malo é saber que demo facer.
No hay comentarios:
Publicar un comentario