LAS PRUEBAS DE HÉRCULES
De Lucas Herrador
Juno.- María Castro.
Júpiter - Baco.- José María Varela.
Hermes.- Pablo Sampedro.
Juno – Hidra - Furia.- Samantha Romero.
Vulcano.- Joaquín López.
Venus.- Susana Amor.
Minerva.- Almudena González.
Cupido.- Isaura Blanco.
Hércules.- Manuel Varela.
Apolo.- Víctor Murujosa.
Hipólita.- Gracia Silva.
Caos.- Lucas Herrador.
Estatua.- Teresa Santos.
VIDEO - SUSANA MIRÁS – TERESA SANTOS –
PRODUCCIÓN LA CAIXA – HOSPITAL PSIQUIÁTRICO DE CONXO
AYUDANTES DE DIRECCIÓN - SUSANA MIRÁS – MARÍA JESÚS SEOANE –TERESA SANTOS – JOSÉ LUIS SEOANE
(TERAPEUTAS OCUPACIONALES)
DRAMATURGÍA Y DIRECCIÓN
LUCAS HERRADOR
O grupo de teatro do Hospital de Conxo saíu a escea na tarde de San Xoán.
Desta volta a compañía representou Os Traballos de Hércules co propósito de facer unha obra na que os espectadores e os actores desfrutaran. Asemade, a súa declaración de intencións incluía que os de Conxo puidera manexar os mitos gregos coma lles pete (xa que os de Hollywood fanno de cotío).
Hércules, o fillo humano de Zeus, debe afrontar doce probas para se convertir en Deus e ter cadeira no Olimpo. Se ben ao primeiro bota man da súa forza, no seu periplo descubrirá outras moitas virtudes nel que lle axudarán a superar os desafíos máis complicados. Ao tempo, cada un dos deuses fará o camiño inverso, esto é, dende a omnipotencia á debilidade humana ata confluires todos nun Olimpo habitado por unhas criaturas xa non tan míticas e nas que o relevante son as relacións e os vínculos entre elas.
Nese percorrido hai moito dun humor ao estilo Monty Python que amosa a madurez que como compañía teatral xa acadou o grupo de Conxo. Debo facer mención e apoio a un lugar coma a Sala Nasa exemplo dende hai anos dun arte orientado á comunidade e, polo tanto, vital para un proxecto coma os destes actores.
Por último debo decir que tiven a sensación de que o día se cohesionaba (desaparecendo esas fisuras habituais no tempo) ata conformarse unha continuidade entre a Sala Nasa e a noite de sardiñas, lume e xente na rúa. Supoño que será unha desas metáforas nas que se dilúen as barreiras entre os hospitais e as cidades, entre traballo e vida, entre persoas e doentes.
Hércules non só superou as probas senón que probou definitivamente algo pertencente ao esencial. O grupo de teatro de Conxo, tamén.
No hay comentarios:
Publicar un comentario