O PSdeG solicita a creación dunha Comisión de Seguimento das actuacións da Xunta que afecten ao hospital de Toén |
Acuña afirma que “nunca a solución para un servizo público deteriorado ten que ser o peche, senón a mellora” |
Ourense, 28 de xaneiro de 2011.- O Grupo Municipal Socialista de Toén presentou hoxe unha moción para o seu debate en pleno para a creación dunha Comisión de Seguimento das actuacións da Xunta que afecten ao Psiquiátrico de Toén. O portavoz socialista, Julio Álvarez, explica que esta Comisión estaría formada por representantes dos tres Grupos Políticos da corporación municipal, e lembra que no pleno do pasado 20 de xaneiro aprobouse por unanimidade unha moción do PP que explicitaba a firme oposición a que a Xunta traslade ao hospital de Piñor os servizos psiquiátricos ademais de reivindicar a modernización do hospital de Toén, para que en todo caso se continúen prestando nelas servizos sanitarios. Álvarez salienta a gravidade de que a Xunta non informe de se existen ou non proxectos de mellora das actuais instalacións do psiquiátrico de Toén, polo que puidera ser que a Xunta tome a decisión de pechar Toén sen plantexar un uso sanitario alternativo. O edil socialista considera que desta forma a Xunta rompe “coa xenerosa aportación que no seu día fixeron os veciños ao ceder os terreos” nos que se ubica o centro. “No caso de que pechen Toén, estaríase recortando o servizo esencial da sanidade pública e menoscabando a súa calidade, xa que pechar o psiquiátrico de Toén significa pechar camas e colapsar outros servizos que xa hoxe están saturados”, afirma. Visita ao Hospital de Toén A deputada e secretaria da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, María del Carmen Acuña, manifestou trala visita ao hospital psiquiátrico o total desacordo do Grupo Parlamentario Socialista sobre as solución propostas pola xerencia do CHOU ante a necesidade de reforma deste centro sanitario. “Nunca a solución para un servizo público deteriorado ten que ser o peche, senón a mellora”, dixo, e explicou que a solución dada pola xerencia significa suprimir camas no CHOU que xa de por si son deficitarias. Lembrou que “vamos de colapso en colapso” e a solución de Eloína Núñez é a xuízo dos socialistas unha opción “hilvanada”, xa que non presenta ningún estudio económico sobre os costes do traslado, nin o coste que suporía modernizar o centro de Toén, o coste de adaptar Piñor, nin a repercusión sobre os traballadores. Acuña, que recordou que a preocupación dos socialistas está na orixe desta visita, xa que foi este Grupo quen a socilicitou no Parlamento, sinalou que parece que a solución tampouco gusta nin a algún membros do PP, nin aos traballadores, nin ás familias dos pacientes. Así, os deputados socialistas recolleron documentos dos traballadores de Piñor e de Toén cos motivos polos que se opoñen ao traslado dos pacientes. “Os cidadáns de Ourense vamos de sobresalto en sobresalto”, dixo, e agregou que “hai uns meses pretendían pechar Piñor, agora pretenden pechar Toén, e pregúntome que pensarán pechar dentro dun par de meses”. Por último, Acuña esixiu “unha solución seria e definitiva para Toén” que non pase pola supresión de ningún hospital nin de camas públicas. |
sábado, 29 de enero de 2011
TOÉN
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario