Por burbulla inmobiliaria faise mención ao problema especulativo no mercado da vivenda que comenzou no estado español no ano 2007, aínda que hai quen sinala como inicio o ano 1987.
A principal consecuencia foi o incremento nos prezos dos bens inmuebles moi por riba do IPC. Este incremento tentouse explicar en función de diversos factores: a falta de solo, os beneficios fiscais outorgados á compra de vivenda, a especulación, a inmigración, o exceso de crédito e a recalificación de terreos. Esto, dende a ciencia económica máis ou menos oficial. Dende esoutra ciencia económica próxima ao marxismo, a burbulla inmobiliaria atribúese ás propias dinámicas do capital. Non faltaron aproximacións metafóricas, ao tentar comprender a crise como unha enfermidade, ao pulsar a situación no día a día en base a constantes vitais (ibex, prezo da débeda e demais) así como discursos nunha liña folk-psicoloxía onde verbas como avaricia, inconsciencia, consumismo e outras pretenden acadar un contexto sociolóxico nas posibles explicacións.
Nos últimos tempos parecemos asistir ao estoupido doutra burbulla que poderíamos chamar burbulla farmaceutica. Houbo un tempo no que a industria financiaba calquer actividade que poidese levar o nome de científica, aínda que o apelido fose outra cousa ben distinta. Viaxes, conferencias, restaurantes, aeroportos, hoteis, ascensores banais, percorridos turísticos, ceas, powerpoints, inscripcións, pósters, ponencias, análises estatísticos, prima donnas, tenores, traductores simultáneos, pichigüilis… semellan ser os equivalentes dos alicatados ata o teito, os baños con jacuzzi, as prazas de garaxe, os dúplex en primeira liña de praia, a tarima flotante, as cociñas full equipe e o fío musical.
Aos poucos, todo vai rematando. A investigación e a docencia, logo de sufrir esa plusvalía ligada a entrada no mercado atópase nese proceso de reconducirse os gastos. Aos poucos, as inscripcións en cursos teñen outros custes, os hoteis con congresistas baixan un par de estrelas e os menús degustación e os coffee-break van quedando nun menú do día e un cafeliño a media mañá.
Hyman Minsky tipificou os ciclos de vida das burbullas, nunha serie de etapas que cumpre hoxe lembrar.
-Plantexamento: toda burbulla comenza nunha perturbación, coma pode ser o invento dunha nova tecnoloxía ou un cambio na política económica.
-Os prezos comezan a subir: Ao primeiro, esta suba non é percibida, mesmo os indicadores económicos semellan mellorar.
-Crédito fácil: É unha fase necesaria para que se dea a especulación inherente a toda burbulla.
-Quecemento do mercado: Os prezos comezan a acelerarse e recóllense beneficios fáciles. Máis axentes externos son atraídos e os prezos se desbocan. As subidas de prezos atraen aos bobos, os codiciosos e os desesperados por meterse no mercado. Así como un lume necesita máis combustible, a burbulla necesita máis forasteiros.
-Euforia: A burbulla entra agora na súa fase máis tráxica. Sairán algunhas voces prudentes e dirán que a burbulla non pode seguir máis. Porán argumentos convincentes baseados en indicadores económicos a longo prazo e simple lóxica económica. Con todo, estes argumentos se evaporan na calor do feito inapelable: os prezos aínda están a subir. Os prudentes son acalados por charlatanes, que justifican a tolemia de prezos co argumento eufórico de que agora o mundo é diferente e que este mundo significa prezos máis altos.
-Os expertos recollen beneficios: Todo o mundo desexa crer nun futuro mellor e a burbulla aproveitase disto. Mentras esta euforia prosiga, a burbulla manténse.
-O estoupido: A euforia é substituída polo medo. O edificio quéimase e todo o mundo corre cara á porta. Os forasteiros comezan a vender, pero non hai compradores. Chega o pánico. Os prezos esborrállanse, o crédito córtase, e as perdas comezan a acumularse.
Tentemos, a continuación, analizar segundo este modelo esoutra burbulla da que estamos a falar.
Plantexamento: os problemas de saúde mental son abordables ao través de fármacos e cumpre renunciar a esoutras terapéuticas laboriosas e de eficacia dubidosa. A perturbación inicial pasa por entender que os perturbados despertúrbanse con desperturbadores que son fáciles de empregar e fan o traballo diario moito menos custoso.
Os prezos comezan a subir: a investigación, controlada pola industria farmaceutica, coloca no mercado novos productos a maiores prezos argumentando melloras na eficacia dos psicofármacos.
Crédito fácil: toda actividade docente ou investigadora é financiada ao momento, ponse en marcha a maquinaria da novidade, da información novidosa ao través de revistas e congresos que permiten a todos os profesionais ter no momento os presuntos avances da ciencia sen o estudio riguroso e laborioso de antano.
Quecemento do mercado: Os prezos desbócanse e faise preciso que desguido aparezcan novidades, como os retard, as gotas, os flash.
Euforia: A masa sinte que todo vai sobre rodas. Os intentos dos máis prudentes por alertar da situación caen no fracaso. Os factores de impacto, os códigos éticos, o recoñecemento polos autores das vinculacións coa industria… só serve para atraer a máis forasteiros con menos escrúpulos.
Os expertos recollen beneficios: O futuro, para non seren visto coma un final ao estado idílico do presente, tenta anticiparse e modularse. Aparecen novas propostas no DSM que prometen un futuro no que ata o risco de psicose poida seren tratado. De xeito semellante, aparecen promesas sobre novas técnicas diagnósticas que convertirán por sempre a psiquiatría nunha especialidade médica e o hourizonte poderá ser contemplado coma ese paisaxe no que o obxectivo e a ciencia dominan as forzas nihilistas.
O estoupido: Uns quererán ir ao congreso da APA e outros quererán montar unhas xornadas. E non poderán. Laiaránse. Iso pouco importa xa que, ao fin, non é tan diferente á burbulla inmobiliaria: eses, dun xeito ou doutro, atoparán o seu lugar no capital para seguir as mesmas. O problema virá para os outros, para todos aqueles que paguen o rescate do capital a costa de cargarse todo o entramado de axuda social: os pisos protexidos, os talleres ocupacionais, as asociacións de doentes, as técnicas rehabilitadoras, o acceso á psicoterapia.
Non é sorprendente, xa sinalamos na primeira etapa, o plantexamento, que no deslumbramento ante unha nova tecnoloxía sempre hai unha renuncia doutras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario