lunes, 3 de octubre de 2011

CONGRESO A.G.S.M.

Un/ Non é unha autocompracencia tópica, que non é ese o síntoma habitual da asociación (máis ben todo o contrario, chamémoslle como lle chamemos, dende a identificación co agresor, o autoodio ou a pulsión de morte). Aclarado queda, así que xa podo dicir que o congreso foi un éxito: moita asistencia, ponencias dun alto nivel e moitas ganas de intervir e de debatir. Parabéns ao comité organizador (Chus Gómez, Alcira Cibeira, David Simón e demais compañeiros).
Dous/ Certa sensación de fin de época, de cambio, nun congreso desenvolvido en Ourense, o mesmo lugar onde se celebrou o primeiro (como lembrou Gacía de la Villa). Reflexións sobre a identidade da asociación, sobre un certo espíritu creativo, ás veces anárquico, comprometido coa asistencia. Posta en valor do bo (o Siso Saúde, os congresos, os Trasalbas...) e lembranzas aos mestres ourensáns, a Cabaleiro e tamén ao Lamas.
Tres/ Unha apertura hacia o futuro, hacia un cambio no que semella iremos máis da man coa AEN tal e como se votou na asamblea de socios.

No hay comentarios:

Publicar un comentario