sábado, 29 de enero de 2011

TOÉN

 

 

La unión del PP

Fecha de publicación: 29/1/2011

Es de locos. Y no es un chiste fácil. La situación del psiquiátrico de Toén evidencia que, a cuatro meses de las elecciones, el PP está nervioso. Unos dirigentes dicen una cosa y otros la contraria. La Xunta de Feijoo quiere cerrar el hospital y llevar los pacientes a Piñor. La oposición pide hospital nuevo o reforma del actual. El presidente de la Diputación, y ex jefe del PP, se alinea con PSOE y BNG. ¡Para que se vea la unión de su partido!

TOÉN

O PSdeG solicita a creación dunha Comisión de Seguimento das actuacións da Xunta que afecten ao hospital de Toén
Acuña afirma que “nunca a solución para un servizo público deteriorado ten que ser o peche, senón a mellora”
Ourense, 28 de xaneiro de 2011.- O Grupo Municipal Socialista de Toén presentou hoxe unha moción para o seu debate en pleno para a creación dunha Comisión de Seguimento das actuacións da Xunta que afecten ao Psiquiátrico de Toén.

O portavoz socialista, Julio Álvarez, explica que esta Comisión estaría formada por representantes dos tres Grupos Políticos da corporación municipal, e lembra que no pleno do pasado 20 de xaneiro aprobouse por unanimidade unha moción do PP que explicitaba a firme oposición a que a Xunta traslade ao hospital de Piñor os servizos psiquiátricos ademais de reivindicar a modernización do hospital de Toén, para que en todo caso se continúen prestando nelas servizos sanitarios.

Álvarez salienta a gravidade de que a Xunta non informe de se existen ou non proxectos de mellora das actuais instalacións do psiquiátrico de Toén, polo que puidera ser que a Xunta tome a decisión de pechar Toén sen plantexar un uso sanitario alternativo.

O edil socialista considera que desta forma a Xunta rompe “coa xenerosa aportación que no seu día fixeron os veciños ao ceder os terreos” nos que se ubica o centro.

“No caso de que pechen Toén, estaríase recortando o servizo esencial da sanidade pública e menoscabando a súa calidade, xa que pechar o psiquiátrico de Toén significa pechar camas e colapsar outros servizos que xa hoxe están saturados”, afirma.

Visita ao Hospital de Toén

A deputada e secretaria da Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia, María del Carmen Acuña, manifestou trala visita ao hospital psiquiátrico o total desacordo do Grupo Parlamentario Socialista sobre as solución propostas pola xerencia do CHOU ante a necesidade de reforma deste centro sanitario.

“Nunca a solución para un servizo público deteriorado ten que ser o peche, senón a mellora”, dixo, e explicou que a solución dada pola xerencia significa suprimir camas no CHOU que xa de por si son deficitarias.

Lembrou que “vamos de colapso en colapso” e a solución de Eloína Núñez é a xuízo dos socialistas unha opción “hilvanada”, xa que non presenta ningún estudio económico sobre os costes do traslado, nin o coste que suporía modernizar o centro de Toén, o coste de adaptar Piñor, nin a repercusión sobre os traballadores.

Acuña, que recordou que a preocupación dos socialistas está na orixe desta visita, xa que foi este Grupo quen a socilicitou no Parlamento, sinalou que parece que a solución tampouco gusta nin a algún membros do PP, nin aos traballadores, nin ás familias dos pacientes. Así, os deputados socialistas recolleron documentos dos traballadores de Piñor e de Toén cos motivos polos que se opoñen ao traslado dos pacientes.

“Os cidadáns de Ourense vamos de sobresalto en sobresalto”, dixo, e agregou que “hai uns meses pretendían pechar Piñor, agora pretenden pechar Toén, e pregúntome que pensarán pechar dentro dun par de meses”.

Por último, Acuña esixiu “unha solución seria e definitiva para Toén” que non pase pola supresión de ningún hospital nin de camas públicas.

TOÉN

       


 
Los trabajadores del Hospital de Toén están decididos a quedarse donde actualmente están, porque dicen que Toén es el lugar idóneo para el Psiquiátrico. Acusan al Jefe de Psiquiatría del CHOU, en funciones, y a la Jefa de Sección del Toén de verter “inexactitudes, vaguedades y miserias” sobre el centro, y sostienen que Toén es “el hábitat más adecuado” para este tipo de pacientes.Tras una asamblea, los trabajadores del Hospital Psiquiátrico de Toén anuncian que han decidido seguir ejerciendo su labor en este centro, independientemente de que la Gerencia del CHOU haya decidido, “unilateralmente”, dar traslado a los internos que quedan en el centro hospitalario al de Piñor de cara al próximo verano.
Los trabajadores dicen que es en Toén donde se da “el hábitat más adecuado para poder dar apoyo y educar al paciente respecto a la naturaleza de su enfermedad, así como promover actividades adaptativas”.
En el comunicado difundido en relación con las decisiones y la postura de los trabajadores, el colectivo laboral insiste en la idoneidad de las actuales instalaciones de Toén, y dice que “las ventajas de su ubicación son inmejorables por ser un lugar soleado, oxigenado, con arboleda y exento de ruidos, un privilegio para los sentidos y, por tanto, el ideal” para este tipo de enfermos.
Los trabajadores dicen que asumirían la construcción de un nuevo edificio, pero “al lado del existente”, señalan.
Así mismo, ante las opiniones que dicen que se han vertido en los medios de comunicación, que consideran que “están plagadas de eufemismos, inexactitudes, vaguedades y miserias por parte del Jefe de Psiquiatría en funciones del CHOU”, se reservan, por ahora, contestarlas.
Lo mismo que a las realizadas por la Jefa de Sección de Toén.
Por contra, los trabajadores remiten a los responsables sanitarios a las valoraciones, opiniones y declaraciones que también los medios de comunicación recogen estos días de familiares de internos en el Psiquiátrico de Toén, en las que se pone de manifiesto la satisfacción con la ubicación del Psiquiátrico donde actualmente se encuentra, así como que “con el proyectado traslado perderán calidad de vida”.
 
 

TOÉN

Dende o blog do siso, faremos un detallado seguimento do proceso aberto de traslado e peche do Hospital Psiquiátrico de Toén. Algo que, coa de anos que levamos falando na saúde mental de modelos asistenciais, co que se leva escrito sobre como e onde debe ser a atención dos enfermos mentais, semella complicado entender o punto onde se atopa nestes intres o debate.




Miguel Santalices: "En Piñor no pueden confluir psiquiatría y medicina interna"

El diputado del PP y presidente de la Comisión de Sanidade del Parlamento de Galicia no ve viable la propuesta del Sergas

 08:56  
Enviar
Imprimir
Aumentar el texto
Reducir el texto
M.J. ÁLVAREZ - OURENSE El diputado del PP y presidente de la Comisión de Sanidade del Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, no comparte la decisión de la Consellería de Sanidade de otorgar un doble uso, psiquiátrico y medicina interna, del Hospital Piñor, pues son "dos especialidades que no deben confluir e incluso podrían presentar ciertos riesgos para los usuarios", explica.
Miguel Santalices califica su opinión al respecto de "estrictamente personal", aunque entra en conflicto con las directrices hechas públicas por el propio Complejo Hospitalario de Ourense, que pretende cerrar el hospital psiquiátrico de Toén, reubicar a sus pacientes en la segunda y tercera planta del Piñor y dejar la primera para pacientes de medicina interna.
El diputado popular coincide con la Gerencia del CHOU en que "lo que sí es improrrogable es el cierre del hospital psiquiátrico del Toén", un centro del que Santalices fue director durante ocho años, "pues si bien la calidad asistencial y médica que se brinda en ese hospital es de primer nivel, sus infraestructuras hosteleras, habitaciones e instalaciones no son válidas para el fin sanitario que realizan y no se ha hecho ninguna obra en ese centro desde 1989, año en el que yo dejé la dirección".
Coincide también con los trabajadores, tanto del Hospital Toén como los del Hospital Piñor, en que "lo ideal sería hacer un nuevo hospital psiquiátrico en la ciudad en lugar de realizar una reforma de adaptación hospitalaria, pero ya hubo una oportunidad para ello".
Según el diputado popular, "se llegó a hablar de un proyecto de construcción de un nuevo psiquiátrico en Ourense, proyecto que fue elaborado por el anterior gobierno bipartito en la Xunta y dijo que dejaban una partida de tres millones de euros, pero jamás vimos esa partida consignada. Si hubiera sido así resultaría más fácil, pues aquella era una etapa de bonanza económica y ahora estamos en otro momento económico más difícil", añade
Miguel Santalices afirma que "habrá que buscar otras fórmulas, pues los enfermos de psiquiatría necesitan unas terapias y espacios muy concretos que no son compatibles con otro tipo de pacientes, por lo que esa primera planta del Piñor, si quieren reservarla para algo, es para casos de emergencias (es decir bombas, riadas, terremotos...), pero no de urgencias o repuntes hospitalarios en el Cristal".

domingo, 16 de enero de 2011

BURBULLAS


Por burbulla inmobiliaria faise mención ao problema especulativo no mercado da vivenda que comenzou no estado español no ano 2007, aínda que hai quen sinala como inicio o ano 1987.
A principal consecuencia foi o incremento nos prezos dos bens inmuebles moi por riba do IPC. Este incremento tentouse explicar en función de diversos factores: a falta de solo, os beneficios fiscais outorgados á compra de vivenda, a especulación, a inmigración, o exceso de crédito e a recalificación de terreos. Esto, dende a ciencia económica máis ou menos oficial. Dende esoutra ciencia económica próxima ao marxismo, a burbulla inmobiliaria atribúese ás propias dinámicas do capital. Non faltaron aproximacións metafóricas, ao tentar comprender a crise como unha enfermidade, ao pulsar a situación no día a día en base a constantes vitais (ibex, prezo da débeda e demais) así como discursos nunha liña folk-psicoloxía onde verbas como avaricia, inconsciencia, consumismo e outras pretenden acadar un contexto sociolóxico nas posibles explicacións.

Nos últimos tempos parecemos asistir ao estoupido doutra burbulla que poderíamos chamar burbulla farmaceutica. Houbo un tempo no que a industria financiaba calquer actividade que poidese levar o nome de científica, aínda que o apelido fose outra cousa ben distinta. Viaxes, conferencias, restaurantes, aeroportos, hoteis, ascensores banais, percorridos turísticos, ceas, powerpoints, inscripcións, pósters, ponencias, análises estatísticos, prima donnas, tenores, traductores simultáneos, pichigüilis… semellan ser os equivalentes dos alicatados ata o teito, os baños con jacuzzi, as prazas de garaxe, os dúplex en primeira liña de praia, a tarima flotante, as cociñas full equipe e o fío musical.
Aos poucos, todo vai rematando. A investigación e a docencia, logo de sufrir esa plusvalía ligada a entrada no mercado atópase nese proceso de reconducirse os gastos. Aos poucos, as inscripcións en cursos teñen outros custes, os hoteis con congresistas baixan un par de estrelas e os menús degustación e os coffee-break van quedando nun menú do día e un cafeliño a media mañá.
Hyman Minsky tipificou os ciclos de vida das burbullas, nunha serie de etapas que cumpre hoxe lembrar.
-Plantexamento: toda burbulla comenza nunha perturbación, coma pode ser o invento dunha nova tecnoloxía ou un cambio na política económica.
-Os prezos comezan a subir: Ao primeiro, esta suba non é percibida, mesmo os indicadores económicos semellan mellorar.
-Crédito fácil: É unha fase necesaria para que se dea a especulación inherente a toda burbulla.
-Quecemento do mercado: Os prezos comezan a acelerarse e recóllense beneficios fáciles. Máis axentes externos son atraídos e os prezos se desbocan. As subidas de prezos atraen aos bobos, os codiciosos e os desesperados por meterse no mercado. Así como un lume necesita máis combustible, a burbulla necesita máis forasteiros.
-Euforia: A burbulla entra agora na súa fase máis tráxica. Sairán algunhas voces prudentes e dirán que a burbulla non pode seguir máis. Porán argumentos convincentes baseados en indicadores económicos a longo prazo e simple lóxica económica. Con todo, estes argumentos se evaporan na calor do feito inapelable: os prezos aínda están a subir. Os prudentes son acalados por charlatanes, que justifican a tolemia de prezos co argumento eufórico de que agora o mundo é diferente e que este mundo significa prezos máis altos.
-Os expertos recollen beneficios: Todo o mundo desexa crer nun futuro mellor e a burbulla aproveitase disto. Mentras esta euforia prosiga, a burbulla manténse.
-O estoupido: A euforia é substituída polo medo. O edificio quéimase e todo o mundo corre cara á porta. Os forasteiros comezan a vender, pero non hai compradores. Chega o pánico. Os prezos esborrállanse, o crédito córtase, e as perdas comezan a acumularse.


Tentemos, a continuación, analizar segundo este modelo esoutra burbulla da que estamos a falar.

Plantexamento: os problemas de saúde mental son abordables ao través de fármacos e cumpre renunciar a esoutras terapéuticas laboriosas e de eficacia dubidosa. A perturbación inicial pasa por entender que os perturbados despertúrbanse con desperturbadores que son fáciles de empregar e fan o traballo diario moito menos custoso.
Os prezos comezan a subir: a investigación, controlada pola industria farmaceutica, coloca no mercado novos productos a maiores prezos argumentando melloras na eficacia dos psicofármacos.
Crédito fácil: toda actividade docente ou investigadora é financiada ao momento, ponse en marcha a maquinaria da novidade, da información novidosa ao través de revistas e congresos que permiten a todos os profesionais ter no momento os presuntos avances da ciencia sen o estudio riguroso e laborioso de antano.
Quecemento do mercado: Os prezos desbócanse e faise preciso que desguido aparezcan novidades, como os retard, as gotas, os flash.
Euforia: A masa sinte que todo vai sobre rodas. Os intentos dos máis prudentes por alertar da situación caen no fracaso. Os factores de impacto, os códigos éticos, o recoñecemento polos autores das vinculacións coa industria… só serve para atraer a máis forasteiros con menos escrúpulos.
Os expertos recollen beneficios: O futuro, para non seren visto coma un final ao estado idílico do presente, tenta anticiparse e modularse. Aparecen novas propostas no DSM que prometen un futuro no que ata o risco de psicose poida seren tratado. De xeito semellante, aparecen promesas sobre novas técnicas diagnósticas que convertirán por sempre a psiquiatría nunha especialidade médica e o hourizonte poderá ser contemplado coma ese paisaxe no que o obxectivo e a ciencia dominan as forzas nihilistas.
O estoupido: Uns quererán ir ao congreso da APA e outros quererán montar unhas xornadas. E non poderán. Laiaránse. Iso pouco importa xa que, ao fin, non é tan diferente á burbulla inmobiliaria: eses, dun xeito ou doutro, atoparán o seu lugar no capital para seguir as mesmas. O problema virá para os outros, para todos aqueles que paguen o rescate do capital a costa de cargarse todo o entramado de axuda social: os pisos protexidos, os talleres ocupacionais, as asociacións de doentes, as técnicas rehabilitadoras, o acceso á psicoterapia.
Non é sorprendente, xa sinalamos na primeira etapa, o plantexamento, que no deslumbramento ante unha nova tecnoloxía sempre hai unha renuncia doutras.

MANUEL MONTALBÁN NA RADIO-UNED

Entrevista a Manuel Montalbán, Decano da Facultade de Estudos Sociais e do Traballo da Universidade de Málaga. O propósito da mesma é realizar unha análise sobre as relacións entre psicoloxía e psicanálise e para iso, con moita claridade expositiva, repasa nocións como a de subxecto, psicanálise, ciencia conxetural etc.
De particular interese é a conceptualización que fai de discurso dentro de unha psicoloxía social. En todo caso, é unha entrevista aconsellable. Aí queda o enlace.
http://www.canaluned.com/#frontaleID=F_RC&sectionID=S_TELUNE&videoID=6015