jueves, 23 de diciembre de 2010

BO NADAL (OU ASÍ)

(Periodista): En las circunstancias actuales, ¿no podría ser la fiesta de Navidad un motivo para reflexionar sobre la idea de una tregua? 

(Albert Camus): ¿Y por qué esperar a Navidad? La muerte y la resurrección son de todos los días. De todos los días son también la injusticia y la verdadera rebelión.


Entrevista publicada en Le Progrès de Lyon (Navidades de 1951).

miércoles, 22 de diciembre de 2010

TEATRO NA SALA NASA

Anunciárase fai uns días neste blog a representación na Sala Nasa de dúas pezas teatrais por parte do grupo de teatro do Hospital de Conxo. A primeira levou por título O Saxofonista da rúa vella, e a segunda As raíñas magas pasaron polo hospital.
Gustaríanos sinalar que se fixo nunha sala que incide nas formas alternativas da cultura, cunha historia xa longa na cidade de Compostela e que é un lugar referente para o teatro e a música. Son estes tipos de visibilidade e de integración os que contribúen dun xeito claro á disminución do estigma (ver anterior entrada no blog).
N´O saxofonista da rúa vella exprésanse distintos conflitos do suxeito, tais como a identidade, a necesidade de eloxio, a capacidade de dicir non, o sinsentido da espera... Os personaxes preséntase no esceario ao través de pares asimétricos que, a súa vez, interaccionan con outros pares tamén de forma asimétrica, creando un efecto de subxectividade en cada un dos discursos moi interesante. O narrador, de novo un par composto por unha voz e un músico (o saxofonista) manteñen nun primeiro intre un diálogo entre eles que pretende explicar o que acontece na escea, pero segundo avanza a obra estes mesmos narradores pasan a seren un par máis que interactúa de xeito directo cos outros personaxes, diluíndose esa forma tradicional de entenderen tanto a voz en off como o narrador omnipotente.
As raíñas magas pasaron polo hospital parte dunha situación máis concreta: unha muller, acompañada pola súa parella, ingresa nun hospital para se operar. Pronto comeza a aparecer o elemento máxico ao redor do cal xira o argumento, a persecución por parte das raíñas da estrela de Belén. A música da obra foi adaptación dun dos actores e resulta do máis interesante o cambio de ritmos e estilos musicais aos que someten algunhas das máis coñecidas panxoliñas.
En canto á dirección, queremos destacar o pulo por a innovación, por achegar novas formas de expresión teatral ao grupo, alonxándose dos estereotipos das representacións feitas por doentes. Bo vestiatio, bo manexo da iluminación, diálogos fluídos... todas esas cousas que axudan a que os homes e mulleres que estaban enriba do esceario sexan o que deben ser: actores.
E ao final: ovación e público entregado. 
E fago o que dixo unha das actrices: contádelle á xente o ben que o facemos. Pois iso, dito queda.

lunes, 20 de diciembre de 2010

DENDE A ANÁLISE SOCIAL ÁS DINÁMICAS GRUPAIS

Este domingo, no suplemento d´El País pódese atopar unha reportaxe extensa sobre Belén Esteban. Resulta de interese a análise feita por Gerard Imbert, profesor de Dereito Audiovisual na Universidade Carlos III, non tanto polo que explicita a nivel social senón polo implícito nas dinámicas grupais.
Sinala que "...a Esteban fascina ao espectador porque se permite falar do que quere e como quere, sen límites, sen regras. Bota todo fóra como unha vomitona, cun discurso excesivo baseado na descalificación do outro. E o fai cun estilo machista. Esa vella idea española de ter collóns... Trátase dun personaxe ambivalente que ten rasgos moi femininos (a nai coraxe) e tamén moi masculinos (o uso da forza)... É unha nai capaz de matar pola súa filla e, neste dicurso descolocado, a violencia se convirte en lexítima...".
Na opinión de Imbert nesta xustificación da violencia e nesta falta de límites, neste "a corazón aberto" radica o éxito do personaxe. Ademáis, ocupa un espazo a medio camiño entre a ficción e a realidade, entre o periodismo e a telenovela. Penso que neste espazo o desexo tanto da Esteban coma do espectador tende a confabular (unha verba empregada tradicionalmente para aqueles elementos cognitivos dos seres humanos, alomenos ata onde eu sei). Estes dous puntos, a ambivalencia e o desexo confabulatorio que xurde dun espazo intermedio, penso que  axudan a pensaren un fenómeno televisivo non coma feito social senón como explicatorio dalgunhas dinámicas grupais. 
Supoño que algúns ata terán a tentanción de lle poñer nome ou de crear un síndrome. A fin de contas, supoño que moitos nos atopamos algunha vez cunha Belén Esteban polo mundo adiante. O malo non é poñerlle nome. O malo é saber que demo facer.

TEATRO NA SALA NASA

Grupo de Teatro Hospital de Conxo As Raíñas Magas Pasaron Polo Hospital / O Saxofonista da Rúa Vella

Mércores 23 de decembro ás 18,30 h.
3 € | Tripulación de balde
Teatro
As Raíñas Magas Pasaron Polo Hospital / O Saxofonista da Rúa VellaAs Raíñas Magas Pasaron polo Hospital
De Lucas Herrador. Intérpretes: Samantha Romero; Manuel Guerra; ManuelVarela; José María Varela; Pilar Sánchez; María Castro; Víctor Murujosa; Pablo Sampedro; Isaura Blanco; Carmen Barreiro; Almudena González; Susana Amor; Joaquín López. Música orixinal: Víctor Murujosa. Produción: la Caixa – Hospital Psiquiátrico de Conxo; Axudantes de dirección: Susana Mirás; María Jesús Seoane; Teresa Santos (Terapeutas ocupacionais). Dramaturxia e dirección: Lucas Herrador.
Esta obra foi estreada o Nadal pasado. O equipo que a creou quixo repetila porque fala do Nadal, dos hospitais, da esperanza e da ilusión, pero tamén polas cancións compostas por Víctor Murujosa e interpretadas por el mesmo e por José María, María e Pilar.
Todo o conxunto é algo atractivo que da os seus froitos para integración no contorno social. Dío un dos personaxes ao final da obra: “Hai que baleirar as camas dos hospitais”. O difícil destas actividades é o seu comezo e a súa consolidación. Este grupo de teatro ten xa un treito percorrido e non se sabe cal pode ser o seu teito.
O saxofonista de Rúa Vella
De Lucas Herrador. Intérpretes por orde de intervención: Carmen Barreiro; María Castro; José María Varela; Manuel Guerra; Pablo Sampedro; Samantha Romero; Joaquín López; Susana Amor; Almudena González; Isaura Blanco; Manuel Varela; Pilar Sánchez. Produción: La Caixa – Hospital Psiquiátrico de Conxo. Axudantes de dirección: Susana Mirás; María Jesús Seoane; Teresa Santos (terapeutas ocupacionais). Dramaturxia e dirección: Lucas Herrador.
Que queremos contar con esta obra? Onde están os personaxes? Quen é este saxofonista que tan ben toca? Por que eses nomes tan estraños?
Con este espectáculo, o Grupo de Teatro de Conxo decidiu dar un salto ao baleiro, presentar algo posiblemente non esperado. É unha obra de Nadal? Por suposto! O calendario sitúa estas datas ao final do ano; é inevitable que pensemos no ocorrido meses atrás e que nos proxectemos aos días que temos que transitar. Queremos seguir como estamos? Non será o momento de platearnos un cambio, deixar atrás o que nos encadea, arriscarnos?
Preguntas e máis preguntas. O teatro, a arte en xeral, está continuamente preguntándose cousas. O autor pensa que non é o seu obxectivo contestar, iso pertence ao ámbito exclusivo da persona, do ser humano. Tanto se é espectador, como interprete.


Máis información en:
http://redenasa.tv/programa/actividade/as-rainas-magas-pasaron-polo-hospital-o-saxofonista-da-rua-vella/

miércoles, 15 de diciembre de 2010

VI JORNADA “ CLÁSICOS EN PSIQUIATRÍA”

Día:      19 de enero de 2011
Lugar:   Salón de Actos del
Hospital Xeral (CHUVI).
2ª Planta
C/Pizarro s/n. Vigo
¡Atención al cambio de sede!

Psiquiatría Forense: El caso Leopold and Loeb.
Chicago, año 1924. El joven de 14 años, Bobby Franks desaparece camino de su casa. Sus padres reciben
una carta mecanografiada con las instrucciones del rescate. Antes de que puedan hacerlo efectivo, el cadáver de un niño es hallado desnudo y con claras s e ñ a l e s d e v i o l e n c i a  e n u n descampado. Su rostro ha sido desfigurado con ácido clorhídrico.
N. Leopold, Jr. y su amigo, R. Loeb deseaban cometer un crimen perfecto. La principal motivación de los
jóvenes era la excitación que extraerían del hecho. La víctima no era importante. Sería alguien de su círculo social, cuyos padres pudiesen pagar el rescate, y menor que ellos, a fin de que no les diese problemas a la hora de inmovilizarlo.
El tema de la psiquiatría habría de fundamentar el caso, influyendo notablemente en la decisión del Juez. El
caso sentó un precedente en el uso de los informes psiquiátricos para la evaluación de los criminales. Hacer que el juicio girase en torno a la descripción psicológica de sus defendidos fue uno de los mejores golpes de efecto de su abogado defensor.

verbas de outono e asamblea de socios

Celebrouse onte o Verbas adicado á saúde mental na crise coa participación de Xosé Ramón Girón (presidente de FEAFES Galiza), María José Pérez Vázquez (Psicóloga clínica da UAD de Monforte) e Ramón Area (Psiquiatra). 
Girón trazou unha descripción sobre o papel das asociacións na reinserción social e as dificultades económicas que atravesaron e seguen a atravesar. Pérez Vázquez trasladou á audiencia as enormes dificultades e aínda maiores incertidumes que se cernen sobre a rede de atención á drogodependencia, en particular, unha posible privatización do servizo. E Area falou das relacións críticas entre o saber psiquiátrico e o discurso do poder, dominado nestes momentos pola crise, a resignación e o silencio. Na quenda de intervencións Victor Pedreira fixo unha defensa da laboura en prol do sistema público no eido da saúde mental. Asemade, realizou críticas ás intervencións de Ramón Area (pola súa visión dos plans e o poder), Girón (polas cifras que presentou) e, finalmente, sinalou a certeira intervención de María José. David Simón incidíu que nestes intres o futuro se está a xogar na definición que faga o goberno da Xunta do chamado espazo socionanitario, esto é, a elección de modelo que se faga, posto que podería ir na dirección de Andalucía, por exemplo, ou pola contra, decantarse polas empresas de tercer sector.

Con posterioridade celebrouse a asamblea de socios. Fóra dos asuntos de rigor (aprobación de actas e demais) os temas de máis interese foron a programación de actividades do próximo ano. 
As XX Xornadas de Trasalba (si, levamos xa vinte edicións!!!) adicaránse á Comunidade e nelas interverán, entre outros, Federico Menéndez, Xavier Simón, Xosé Luis Axeitos, Antón Seoane e Rubén Touriño. As datas, o sete de maio, pola mañanciña, no Pazo Museo Otero Pedraio. Haberá o chocolate no descanso e logo un xantar no Pazo de San Damián, coma o ano pasado.
As Conversacións A Outra Psiquiatría levarán por título "Ciencia e loucura", o 4 de Xuño, en Vigo.
O Congreso da AGSM celebrarase en Ourense co título de "Saber e técnica", do 30 de Setembro ao 1 de Outubro, na Sala de Congresos da Deputación. En breve podremos achegarvos un preprograma que será, sen dúbida algunha estando coma están os compañeiros de Ourense detrás, do máis interesante.

jueves, 9 de diciembre de 2010

seguimos con eses xeitos de entenderen o estigma...

Keywords: conferencia maxistral, psiquiatría actual,  expertos, sete pricipais cidades galegas,  formación, taller, dudas, informar, anuncio, calidade de vida, Inglaterra (e británico).

Inexistent words ni-se (les esperan): escoita, situación da asistencia, psicoloxía, psicoterapia, coidado, continuidade, multidisciplinariedade, rural, sufrimento, desigualdade na vida, emprego, Galiza (e galego).

El Sergas continúa desarrollando diversos actos para sensibilizar a la población respecto a la enfermedad mental

Además, también en el marco de la iniciativa Nise, se ofrece información, formación y educación sanitaria a familiares y personas con trastornos mentales
Al mismo tiempo, se intenta mejorar el tratamiento informativo de la enfermedad mental por parte de los medios de comunicación
Entre los meses de enero y marzo del próximo año tendrá lugar el ciclo “Psiquiatría y Cine”
Declaraciones del jefe de servicio de Salud Mental del Sergas, Manuel Arrojo Romero
Santiago, 8 de diciembre de 2010.- La Dirección de Asistencia Sanitaria del Servicio Gallego de Salud, como parte del Proyecto Nise contra el estigma de la enfermedad mental, ha organizado diversos actos para las próximas fechas.
Así, el próximo día 15 del presente mes, en la sede de la Fundación Caixa Galicia de Vigo, y dentro de las conferencias magistrales, el psiquiatra José Manuel Olivares pronunciará la conferencia “Esquizofrenia y estigma”.
Igualmente, dentro de las actividades de la Escuela Gallega de Salud para Ciudadanos, se impartirá, en colaboración con FEAFES Galicia (Confederación de Agrupaciones de Familiares y personas con enfermedad mental), un taller informativo y psicoeducativo denominado “Entendiendo la depresión”.
Este taller está destinado, principalmente, a los pacientes y a sus familias, y tiene el objetivo principal de eliminar mitos en torno a la depresión, para conseguir mayor comprensión de la enfermedad por parte de los enfermos, familiares, y ciudadanos en general, y, de este modo, proporcionar a los cuidadores, familiares y enfermos las habilidades y conocimientos necesarios para mejorar la calidad de vida en el ámbito de su hogar.
Tras su paso por las ciudades de Santiago, Lugo, Pontevedra, Ourense y Vigo, el centro de salud Fontenla Maristany de Ferrol, el día 13 de diciembre, y el Hospital Materno Infantil Teresa Herrera, de A Coruña, el día 15, también de este mes, serán las últimas sedes que albergarán esta actividad, que tendrá lugar en horario de tarde. Los interesados en inscribirse pueden contactar con la Escuela Gallega de Salud para Ciudadanos, a través del correo electrónico escola.saude@sergas.
Psiquiatría y cine
Por otro lado, entre los meses de enero y marzo del próximo año, y en colaboración con la Fundación Caixa Galicia, tendrá lugar, en el marco del Proyecto Nise, el ciclo “Psiquiatría y Cine”, en el que se abordarán distintos aspectos de la psiquiatría como la esquizofrenia, el trastorno bipolar, el trastorno obsesivo-compulsivo, la relación entre el trauma y el trastorno mental, el trastorno límite de personalidad, el alcoholismo o las demencias.
Dentro de este ciclo se proyectará el documental “Solo”, y las películas “Spider”, “El hijo de la novia”, “Mejor imposible”, “Birdy”, “Mr. Jones”, “Pollock”, y “Inocencia Interrumpida”. Al final de cada emisión, que se realizará en las siete principales ciudades gallegas, un profesional hará un pequeño resumen de los aspectos fundamentales de las películas desde la perspectiva de la psiquiatría actual, y contestará a todas las preguntas que le sean formuladas.
Este ciclo de cine será inaugurado en Santiago, el día 18 de enero, con el documental “Solo”, en el que su director, Vicente Rubio, explica sus vivencias personales como paciente esquizofrénico. Al finalizar la proyección, el propio director responderá, personalmente, todas las dudas que le demanden los asistentes.
Anuncio
Junto con todo lo anteriormente señalado, y gracias a las gestiones realizadas por el Servicio Gallego de Salud, la Sociedad Española de Psiquiatría y la Asociación Gallega de Psiquiatría, así como a la sensibilidad y compromiso con la enfermedad mental del Royal College of Psychiatrist, se consiguió para Galicia la cesión gratuita de los derechos de emisión del anuncio “One in four”, que será proyectado en todas las actividades del Proyecto Nise. La música de este anuncio está compuesta por el conocido compositor inglés Michael Nyman.
Contra el estigma en la enfermedad mental
Los objetivos del Proyecto Nise, que está desarrollando la Dirección de Asistencia Sanitaria del Sergas, son sensibilizar a la población respecto a la enfermedad mental; ofrecer información, formación y educación sanitaria la familiares y personas con trastornos mentales; y mejorar el tratamiento informativo de la enfermedad mental por parte de los medios de comunicación.
El Proyecto, incluido en la Estrategia del Servicio Gallego de Salud 2014, se estructura en torno a la programación de actividades formativas tanto para enfermos y familiares cómo para los profesionales de los medios de comunicación, y entre sus actividades se encuentran conferencias, ciclos de cine y exposiciones destinadas al público en general.

miércoles, 8 de diciembre de 2010

teatro en Ourense

Blog do Siso recomenda para a próxima fin de semana teatro en Ourense. Teatro do Atlántico presenta "Memoria de Helena e María", Premio Abrente 2006.
O sábado 11, ás 20:30 horas e o Domingo 12 ás 19:00 horas.
Os que vaiades, xa contaredes que vos pareceu.

tolos por Galiza

O primeiro proxecto deste bolg está adicado a artellar unha alternativa á monotonía das campañas antiestigma. Para iso, o primeiro paso é abrir a todos os comentarios a interpretación dunha frase como "tolos por Galiza" xa que pode ser entendida de distintos xeitos. 
Vos animamos a que deixedes a vosa interpretación.

queda inaugurado o blog do siso

Tras anos escoitando o interesante que sería poñer en marcha un blog para os socios e simpatizantes da A.G.S.M. por fin decidimonos darlle para diante. Haberá quen consulte a carta astral para ver se a cousa irá ben, ou regular, ou mal, que todo pode ser. Haberá outros que consulten o santoral e se fixen no patrón que nos ampara. Temos a ben informar que o Santo Eutiquiano é un dos propietarios de todos os oito de Decembro  e que é coñecido por dar cristiana sepultura a todos os cristiáns mortos a mans dos pagáns. Asemade, o signo do zodíaco para os nacidos neste dia é Saxitario, cunha personalidade caracterizada pola honestidade, a simpatía e a sinceridade (aínda que tamén por seren algo inquietos e descuidados).
Porén, gostamos máis sinalar as características sociais, esto é, o contexto na que inauguramos o blog. O facemos no medio da ponde da Constitución, ao pouco de que o goberno decidira militarizar os aeroportos, e coa cidadanía aplaudindo e clamando por castigos exemplares. A outra noticia do día é a detención do fundador de Wikileaks, acusado en Suecia dun delito sexual é reclamado nos Estados Unidos por desvelar segredos do estado.
Por iso, a pesares de dar o paso cara o virtual coa creación dun blog, non podemos deixar de pensar a relevancia das realidades no mundo. 
Militares nos aeroportos, defensa das sacrosantas vacacións, espías, filtracións cheas de banalidades e cun arume a Kissinger, ira nas salas de espera, remedos de Bernstein e Woodward, gorxas profundas sometidas á lei antitabaco, seudosindicatos e seudofolgas, o turismo coma esperanza para sair dunha crise (igualiño que valeu para sair dunha postguerra), a recuperación económica de Islandia tras deixar que se fundiran os bancos, o fracaso da proposta de Eric Cantona (acompañado dunha campaña publicitaria da súa parella para un banco francés), Rajoy de vacacións nas illas afortunadas e a saúde mental inquieta polo sorteo das gardas do nadal.
Todo semella nestes días que o mundo segue a ser o mundo pese aos inventos, o dominio de idiomas, as academias de alpinismo, a nova versión do ianus e as alienacións diante dunha pantalla co movemento dun rato como único xeito de praxe e resistencia.
Dicía unha famosa campaña publicitaria dunha marca de xabóns: "pola beleza real". Se tiveramos dispoñible para esta inauguración a alguén da Casa Real e unha botella de champagne gostaríamos moito de berrar: por unha saúde mental real (e non virtual).
P.D. tamén aceptamos o simbólico e o imaxinario. Que conste.